miércoles, 4 de enero de 2012

CURVA MÁXIKA nº124

Novo numero do noso fanzine "Curva Máxika",no que atopardes todas as novidades do grupo ata a data, que non son poucas, aparte dunha morea de reportaxes e entrevistas que sempre son do vos agrado.Nesta ocasión,e porque estamos en datas, todos aqueles que merquen o fanzine terán un poster de agasallo de considerables dimensións e de moi boa calidade,así que non vos olvidedes de mercalo antes,durante e despois do encontro nos puntos de venda habituais.Doutra banda,aproveitamos estás liñas para informarvos a todos aqueles que o sábado acudan á festa que a partir das 22hrs. poremos á vosa disposición e de balde, unha degustación de pinchos variados acompañados duns cantos litros de cervexa ata fin de existencias.Lembrade,sábado 7 no Pantalan (porto deportivo de Oza) a partir das 22hrs.