martes, 27 de septiembre de 2011

VERGOÑA

Vergoña é a palabra que define o partido disputado o pasado sábado polo Depor en Alcorcón. Acontecementos como o do outro día fan que a xente se desilusione e perdan o entusiasmo e as ganas coas que se afrontou esta tempada en segunda división.

Toda a semana escoitando o difícil que sería este partido, que había que saír a roer dende o minuto un, que coidado co Alcorcón etc…para chegar o sábado e todo o que se dixo durante a semana se esqueza e se faga un ridículo espantoso perdendo por 3-0 no minuto 16.

Ao redor de 170 persoas do grupo desprazadas, madrugón saíndo de Coruña ás 7 da mañá, visita dun par de coches de policía (antes de partir cara terras madrileñas) para intimidar e porque non lles cadrou identificar a todos os desprazados e engrosar máis o seu extenso arquivo, como se de delincuentes se tratara, sen motivo algún.

Moita xente para poder viaxar tivo que facer un esforzo económico importante, porque ver ao Depor en Alcorcón custaba 40 euros de bus mais o roubo de 30 euros pola entrada (viva a mellor liga do mundo), sen contar os gastos adicionais (comida, cea, etc...), despois de 7 horas en autobús, chegas ao estadio con toda a ilusión do mundo e no minuto 16 os locais vanche ganando 3 a 0 e o teu equipo está desaparecido no campo. Véñenche á cabeza partidos da tempada pasada, como por exemplo Xetafe, e empezas a darlle voltas ao coco, pensando se isto volverá a acontecer en algún partido máis. Sobes no autobús de volta á casa, 7 horas máis de traxecto e chegas a Coruña ás 4:30 da madrugada do domingo, rebentado, despois de case 24 horas sen durmir, cun cabreo de collóns pensando se nos están vacilando ou que collóns pasa…

O mínimo que puideron facer é pedir perdón, agora toca afrontar o partido da fin de semana que vén, pero sobran las típicas declaracións con escusas e tópicos de todo tipo, promesas de que no próximo partido isto cambiará, as boas intencións (que aínda temos frescas da tempada anterior) quedan no que son, palabras que as leva o vento.

Onde hai que falar é no campo e deixarse de parvadas. Este equipo está obrigado a ascender e dar o talle en todos os partidos de Liga, pódese perder pero non se pode facer o ridículo. Esperamos que no partido ante o Guadalaxara se note un cambio e laven a imaxe mostrada na anterior xornada, e que lle quede claro a todo o mundo, desde o primeiro ata o último, que o ocorrido o sábado non pode volver a suceder.

Forza Depor !!!


Alcorcón 4- DEPORTIVO 0




Presecia de dous buses e un microbus nas bancadas do estadio de Santo Domingo de Alcorcón.

Ficha técnica:

Alcorcón: Manu, Rubén, Agus, Babin, Angel, Sanz, Mora (Abraham, min. 61.), Sales, Montañés (Saúl, min. 67.), Miguelez (Oriol, min. 69.) e Quini.

Deportivo: Aranzubia, Laure, Colotto, Aythami, Ayoze, Jesus Vázquez, Álex Bergantiños, Guardado, Salomão (Juan Domínguez, min. 73.), Valerón (Seoane, min. 45.) e Lassad (Zé Castro, min. 45.).

Arbitrucho: López Acera.Expulsou con dobre amarela a Colotto e Laure.

martes, 20 de septiembre de 2011

DEPORTIVO - Sabadell (17.9.2011)

domingo, 18 de septiembre de 2011

DEPORTIVO 2 - Sabadell 1



Ficha técnica:
Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Ayoze; Jesús Vázquez, Álex B., Guardado (Morel, min. 75), Salomão, Valerón (Juan Domínguez, min. 88) e Lassad (Bodipo, min. 80).

Sabadell: De Navas; Óscar Ramírez, Olmo, Toni Lao, Redondo; Héctor Simón, Juvenal (Joaquín, min. 81), Arteaga; Aarón Bueno (Eneko, min. 59), Lanza e Florian (Baha, min. 64).

Arbitrucho: Jesús Gil Manzano.Amonestou a Aythami, min. 36; Olmo, min. 46; Ayoze, min. 62; Salomão, min. 92.

Incidencias:Estadio de Riazor ante uns 23.000 espectadores.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

DEPORTIVO 5 - Girona 1 (copa)



Ficha técnica:

Deportivo: Lux; Laure, Rochela, Aythami, Ayoze; Álex, Juan Domínguez (Valerón, min. 62), Saúl (Guardado, min 72), Juan Carlos, Salomão; Lassad (Bodipo, min. 82).

Girona: Dani Mallo; Jose, Richy, Migue, David García; Juanlu, Dorca, Jandro (Tébar, min. 60), Nieto (Moha, min. 72); Saizar e Ion Vélez (Benja, min 72).

Arbitrucho: José Ramón Piñeiro Crespo (Colexio asturián)

DEPORTIVO 0 - Hercules 1



Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo (Lassad, min.45), Zé Castro, Aythami, Ayoze; Álex Bergantiños, Jesús Vázquez, Salomão, Pablo Álvarez (Saúl, min.72), Valerón; e Riki (Xisco, min.23).

Hércules: Falcón; Juanra, Samuel, Felipe (Escassi, min.75), Peña; Abel Aguilar, Diego Rivas, Tiago Gomes, Mora, Callejón (Arbilla, min.57); e Míchel (Carlos Calvo, min.57).

Arbitrucho: Mariscal Sánchez (Colexio Andaluz).Cartones amarelos a Salomão e Aythami (Deportivo) e a Abel Aguilar, Arbilla, Peña e Samuel (Hércules).


sábado, 3 de septiembre de 2011

NOVO MATERIAL


*máis información no apartado de material

viernes, 2 de septiembre de 2011

FANZINE CURVA MÁXIKA nº 122

Debido a problemas alleos,foinos imposible recibir a nova tempada co novo número do noso fanzine CURVA MÁXIKA.No próximo encontro contra o Hércules o teredes á vosa disposición nos puntos de venda habituais.Diferentes entrevistas,reportaxes estranxeiras,crónicas dos partidos de pretemporada e moitas mais cousas por só un euro de nada.Non te esquezas de mercalo.