miércoles, 30 de marzo de 2011

SÓ UNHA FORZA

Os anos de gloria pasaron e esta tempada estamos volvendo a vivir sensacións das que xa nos esquecéramos a estas alturas de campionato.O equipo atópase nunha complicada situación,que require o apoio de todo o deportivismo e de toda a cidade.É o momento para que todos/as pasemos á acción,o noso equipo necesitanos e é,nestes difíciles momentos,onde a afección,dona do escudo e da camiseta que nos representa ,non pode fallar.
Seguramente moitos vos mostredes desanimados,nerviosos,sen ganas de nada pero debemos dar un paso firme cara adiante,para que entre todos saquemos ao Depor do grave problema no que se encontra inmerso.
O partido ante o Mallorca é o primeiro dunha serie deles onde a afección ten que ensinar ao equipo o camiño a seguir.
Non pode faltar ninguén,aqueles que fai tempo que non pasan por Riazor deberían volver para tender unha man ao equipo dos seus amores e xunto a aqueles que nunca fallan tinguir a cidade de branco e azul.
Está nas nosas mans comezar gañando o partido do Domingo e para elo é necesaria a implicación de todos/as,para elo desde RIAZOR BLUES queremos convocar a todo o deportivismo para que o Domingo 3 de Abril ás 13:30 horas nos xuntemos todos/as na Praza de Pontevedra ("Barça,Madrid... ya estamos aquí") para ás 14:30 horas partir camiñando cara a porta 0 do Estadio de Riazor e unha vez alí esperar ao autobús do equipo e transmitir aos xogadores a forza necesaria para conseguir unha vitoria vital.

Pedimos a colaboración de todos/as.Forza Depor!!
Riazor Blues 1987

viernes, 25 de marzo de 2011

DEPORTIVO - Levante (20.3.11)

martes, 22 de marzo de 2011

DEPORTIVO 0 - Levante 1



Moi mal se poñen as cousas despois desta inexperada derrota pola mínima contra o Levante no derradeiro minuto do encontro.Xusto resultado nun pésimo encontro do Depor.Visita do "ex-xogador" Deportivista Sergio (o cal non foi convocado pero presenciaba o encontro dende a bancada), ao que lle dedicamos unha pancarta mensaxe de "benvida" durante a primerira parte.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Manuel Pablo; Rubén Pérez (Saúl, min.70), Juan Rodríguez, Antonio Tomás, Guardado (Míchel, min.75), Adrián (Sand, min.64) e Lassad.

Levante: Munúa; Nano, Ballesteros, Javi Venta, Juanfran; Iborra, Jefferson Montero (Rubén, min.81), Valdo, Xavi Torres, Juanlu (Xisco Nadal, min.75) e Caicedo (Stuani, min.42).

Gol: 0-1 Rubén Suárez, min.90.

Arbitrucho: Clos Gómez (Colexio Aragonés). Cartón amarelo a Rubén Pérez e Lopo no Deportivo e a Iborra e Xavi Torres do Levante.

lunes, 14 de marzo de 2011

Espanyol 2 - DEPORTIVO 0

Nova e vergoñosa derrota a domicilio do Depor fronte a un Espanyol que coa lei do mínimo esforzo levou os tres puntos sen despeitearse.A derrota déixanos aos mesmos puntos do descenso pero coa parte baixa da táboa moito máis axustada.

Ficha técnica:

Espanyol: Kameni, Javi López, Forlín (Raúl Rodríguez, min. 59), Galán, David García, Baena, Javi Márquez, Luis García (Iván Alonso, min.46), Verdú (Thievy, min. 88), Callejón e Álvaro.

Deportivo: Aranzubia, Laure, Lopo, Aythami, Morel, Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Pablo Álvarez, Míchel (Juan Domínguez, min. 68), Desmarets (Lassad, min. 68) e Adrián (Sand, min. 81).

Goles: 1-0 Iván Alonso, min.61; 2-0 Verdú, min. 80.

Arbitrucho: Paradas Romero (Colexio Andaluz). Mostrou cartón amarelo a Verdú e Callejón do Espanyol e a Míchel e Lopo do Deportivo. Expulsou a Pablo Álvarez por dobre cartón amarelo nos minutos finais da primera parte.

domingo, 13 de marzo de 2011

DEPORTIVO - R.Sociedad (7.3.11)

miércoles, 9 de marzo de 2011

DEPORTIVO 2 - R.Sociedad 1


Victoria importantisima do Depor que fai valer aínda máis os empates consguidos nas xornadas anteriores.Sufridos minutos finais tras encaixar o gol da Real que finalmente só serviu para acurtar distancias.Gran ambiente na bancada e unha vez máis volvemos deixar constancia da nosa desconformidade co futbol moderno que nos está tocando vivir.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Rochela, Morel; Antonio Tomás (Rubén Pérez, min.62), Juan Rodríguez, Guardado, Míchel; Adrián e Lassad (Riki, min.12) (Desmarets, min.55).

Real Sociedad: Bravo; Míkel (De la Bella, min.62), Demidov, Ansotegi, Estrada; Illarra, Rivas (Sarpong, min.62), Prieto, Griezmann (Ifrán, min.79), Zurutuza; e Agirretxe.

Goles: 1-0 Riki, min.41; 2-0 Adrián, min.56; 2-1 Agirretxe, min.64.

Arbitrucho: Mateu Lahoz (Colexio Valencian). Mostrou cartón amarelo a Colotto e Rubén Pérez do Deportivo e a Illarra da Real Sociedad.

domingo, 6 de marzo de 2011

DEPORTIVO B 1 - vigo b 0

Onte pola tarde disputouse no mundo do futbol de Abegondo o "miniderbi" entre o Fabril e o vigo b.Alí estivemos unha boa representación da peña para apoiar aos de Tito Ramallo que lograron impoñerse ao vigo b pola mínima.

viernes, 4 de marzo de 2011

Osasuna 0 - DEPORTIVO 0


Novo empate conseguido polo Depor nun sempre compricado Reino de Navarra.Partido aburrido e malo o que presenciaron unha veintena de membros da peña que se desprazaron ata terras Navarras a pesar do frio e mal estado das estradas.Máis detalles desta viaxe no próximo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:

Osasuna: Ricardo; Nelson, Lolo, Sergio y Monreal: Puñal, Neko, Cejudo (Soriano, m. 59) Masoud (Coro, m. 37), Camuñas e Lekic (Kike Sola, m.78).

Deportivo: Aranzubia, Laure, Lopo, Colotto, Morel, Juan Rodríguez, Antonio Tomás, Guardado (Pablo Álvarez, m.55), Adrián (Lassad, m. 85), Michel e Pepe Sand (Riki, m.63).

Arbitrucho: Delgado Ferreiro (colexio vizcaíno). Amonestou con carton amarelo a Lopo e Juan Rodriguez no Deportivo e a Lolo e Monreal do Osasuna.