lunes, 9 de mayo de 2011

Sporting 2 - DEPORTIVO 2



Desprazamento de dous buses e un microbus ata terras asturianas.Inesperado despregue policial nun pobo a 52 kms. de Xixón,onde unha decena de grilleras esperaban a nosa chegada.Despois dun pequeno cacheo fomos obrigados á forza a desprazarnos (baixo ameazas) ata a cidade de Oviedo a pasar as horas previas ao partido.Chegada ao Molinón sobre o tres e media e directos ao estadio.Xunto a nós uns 3500 deportivistas tinguindo de branquiazul boa parte das bancadas dun remodelado Molinón, que fomos testemuñas dun auténtico roubo de partido nos minutos de desconto cando xa saboreabamos a vitoria.Ao final un empate que sabe a pouco despois de facer o mellor partido a domicilio da tempada.Empate que nos deixa en moi mala situación a falta de tres xornadas.Máis detalles da viaxe no vindeiro número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:


Sporting
: Juan Pablo; Lora, Botía, Iván Hernández, José Ángel; Eguren, Rivera (André Castro, min. 76), Nacho Cases (Bilic, min. 63); De las Cuevas, Ayoze (Luis Morán, min. 63); eDavid Barral

R.C. Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Juan Rodríguez; Valerón, Guardado (Pablo Álvarez, min. 90); Adrián (Lassad, min. 85) e Riki (Juan Domínguez, min. 74).

Goles: 0-1, Adrián, min. 8. 1-1, Ayoze (p), min. 32. 1-2, Adrián, min. 38.

Arbitrucho: Estrada Fernández (colexio catalán). Amonestou a Nacho Cases, Laure (min. 31), De las Cuevas (min. 66), Iván Hernández (min. 78), David Barral (min. 81), Aranzubia (min. 84) e Diego Colotto (min. 94). Expulsou ao segundo entrenador del Sporting, Iñaki Tejada (min. 84) e amonestou ao entrenador do Deportivo, Miguel Ángel Lotina (min. 26)