lunes, 23 de mayo de 2011

O DEPOR SOMOS NÓS

Despois do do sabado e sen entrar polo momento en porque pasou e quen son os responsables disto, demostramos partido a partido desde o primeiro minuto ata o último, que estamos por enriba de resultados e categorias, que non deixaremos nunca só ao noso equipo e que se este equipo estivo ahi ata o final foi gracias a nós, que o espabilamos e puxemolo en tension (dá vergoña allea escoitar ao xogador de turno comentar que o equipo tirou da afeccion).
O ano que vén xogaremos en segunda, seguro que Riazor non presentará o aspecto destes ultimos partidos, pero estaremos os mellores. Demostramos que non necesitamos titulos, grandes competicións, grandes obxectivos, nin magnificos partidos para petar a bancada e facer retumbar o estadio. Enchemos a bancada un luns, un martes, un sabado, un domingo, ás 9, ás 8, ás 10, ás 5 e voltarémolo facer.
Estamos seguros que todos vós que este ano estivechedes ahí, a xente de sempre, a de verdade, estaredes de novo a vindeira campaña desde o primeiro minuto do primeiro partido. É mais, se a segunda division comezase en 15 dias estariamos todos outra vez ao pé do cañon coa mesma ilusion e as mesmas gañas de sempre.
Ata esta tempada nunca estivo a bancada chea desta forma, este sentimento, esta forza e estas gañas, nunca perdemos a ilusion e sempre houbo unha idea nova para seguir apretando e facer loitar ao equipo. Grazas a todos polo vivido xuntos este ano, os moitos kilometros percorridos, as longas horas en bus, as noites de descontrol, o paso da semana pensando no equipo e no grupo, as discusións, os momentos de tensión, as bágoas, as risas e todo iso que non se pode contar, porque aínda que xoguemos en segunda, terceira ou en primeira,isto non nolo vai a quitar ninguén e o ano que vén voltaremos vivir de novo todo isto xuntos, porque ningún de nós, coma demostramos este ano, ímonos a borrar nestes tempos malos. Forza Depor. Sempre Ultras.