lunes, 2 de mayo de 2011

DEPORTIVO 0 - At.Madrid 1


Nova "final" perdida e xa son poucas as opcións que quedan para manter a categoría.Un solitario gol de Aguero deixa ao Depor en situación crítica.A pesar do mal momento deportivo que estamos a pasar, o deportivismo, empuxado en todo momento pola a bancada de General, está a mostrar a súa mellor cara, dando un ambiente envexable durante os noventa minutos que dura o partido,demostrando unha vez máis que non merecemos desdender e NON O IMOS A FACER.Novo tifo para recibir ao equipo,quedando bastante aceptable a pesar da pouca colaboración.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Morel (Seoane, min.30); Aythami, Juan Rodríguez, Juan Domínguez, Guardado (Zé Castro, min.75); Valerón e Xisco (Riki, min.71).

At.Madrid: De Gea; Ujfalusi, Perea, Godín, Filipe; Tiago, Mario Suárez, Reyes (Raúl García, min.86), Elías (Juanfran, min.68); Agüero e Diego Costa (Forlán, min.66).

Gol: 0-1 Agüero, min.80.

Arbitrucho: Turienzo Álvarez (Colexio Castelán-Leonés). Amonestou con cartón amarelo a Zé Castro do Deprotivo e a Forlán, Ujfalusi, Godín e Reyes do Atlético de Madrid. Lopo foi expulsado por dobre amonestación.