domingo, 6 de febrero de 2011

RESPETADE O NOSO ESCUDO

Despois do visto a pasada xornada en Xetafe volven a pasar polas nosas cabezas lembranzas non borradas desde aquela non afastada tempada onde comezamos este “xogo” co angustioso descenso ata onte mesmo, onde se disputaron moitos partidos e sucederon algúns detalles non merecidos que non esqueceremos por parte dos “implicados” neste asunto que a todos nos atinxe. Visto o visto e a pesar de intentalo con ilusión, forza, constancia e cun número alto de xente implicada en elo, temos que volver ao punto de partida e explicar as cousas desde cero para os despistados.
Coruña é a nosa cidade, o Depor o noso equipo e o fútbol e o mundo das bancadas a nosa paixón e o noso estilo de vida. Estes tres conceptos xunto con algún máis que agora non vén a conto dicir, forman os nosos ideais, os cales imos defender ata o final.
Partido tras partido enchemos a bancada ata arriba; sábado, domingo, luns, martes, mércoles… a calquera hora, en calquera circunstancia e fora quen fora o rival que tíñamos enfronte. Animamos a morte ao club independentemente do resultado e da actitude mostrada polos futbolistas que defenden as nosas cores. Realizamos varias accións para motivar a uns xogadores perdidos e sen gañas (é malo xeneralizar pero é o que toca) que sacaron as bágoas e admiración de algúns futbolista nados lonxe da nosa terra, que vendo a situación do fútbol actual é digno de mención.
Parece ser que todo isto non é suficiente para motivar ao equipo, sen remontarnos moi lonxe chegan á nosa cabeza vergonzosos partidos como o do Zaragoza, Córdoba e Almería entre outros, ata chegar ao de onte. Despois de cada un destes encontros escoitamos a mesma canción de sempre, “a partir de hoxe imos espertar”, que se “van a deixar todo”, que “todo está perfecto e sen ningún problema”, etc .…. pero demostran que a realidade é outra.
Pídese o apoio da afección para saír disto, pero ese non é o problema porque… ¿Cando fallou a afección? ¿Deixouse de apoiar ao equipo nalgún momento? ¿Porque se pide algo que nunca faltou? Máis ben acontece o contrario, hai poucas mostras de recoñecemento á afección que son os donos do escudo e da camiseta blanquiazul, e iso debería ser por lei….
Estivemos aí ata agora e seguiremos estando, aínda se cabe, con máis forza, enchendo a bancada, dándolle vida a Riazor, premendo ao rival e facendo todo o que estea nas nosas mans para apoiar ao club pero tamén deixamos claro que non somos unha peña de xubilados, nin unha peña de ¿nenas? loucas por un xogador de fútbol, nin un grupo de “tribuneiros” amargados nin uns boca “chanclas” de bar. Aqueles que non respecten o noso escudo, camiseta e afección estarán buscando un mal inimigo.
O Domingo volveremos a estar enchendo a bancada, loitando unha vez máis para salvar ao equipo desta delicada situación e deixándonos os “huevos” polas nosas cores, nós non imos a fallar, así que amigos futbolistas esperamos que vos unades a nós xa que a nosa xente, como demostraron partido a partido, xa estamos ansiosos porque o balón comece a rodar.

Forza Depor