lunes, 28 de febrero de 2011

DEPORTIVO 0 - Real Madrid 0





Parece que volveron as meigas a Riazor e novamente o Madrid volveu saber o que é visitar noso feudo.Partido moi traballado do Depor con moita seriedade na defensa e con moito sufrimento, sobretodo na recta final do partido, no que un Madrid enrabietado sacou todas as súas armas mandando incluso dous balons ao pau, ata que finalmente deuse por vencido.Ao final tanto traballo e sufrimento tivo os seus froitos e un punto que sabe a gloría quedou en Riazor.Un punto que non serve para foder unha liga como moitos celebrabades ao final do partido,lembramos que trátase dun punto moi importante para o futuro do Depor esta tempada que vaise facer moi costa arriba.A liga que a gañen e a perdan polos seus propios meritos.A ver se temos un pouco de sentido e máis co que nos estamos xogando.A grada moi chea como de costume e como é habitual con xente que só se lles ve o pelo nestes partidos.Lembrámoslles dende estas liñas que o Depor tamén xoga contra o Almería,Getafe,Osasuna,etc., que tamén son partidos importantes que hai que gañar.Novo tifo para a colección,con algún fallo pero que foi enmendado sen problema.Parte do tifo serían os petos,algo novedoso na nosa bancada que non quedou do todo vistoso grazas á "colaboración" da xente que aos cinco minutos do partido tirabaos ao chan xa que debían de ser moi incómodos.Reiteramos os nosos "agradecementos" ante tal despregamento de "colaboración",non fai falla que se vos lembre onde queremos a esa xente xunto á que só vén ao campo a ver este tipo de partidos.Aos de sempre,aos que sempre están onde teñen que estar, dicirlles que grazas e que xuntos como cada Domingo sairemos desta.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Morel; Rubén Pérez, Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Guardado (Pablo Álvarez, min.56); Adrián (Lassad, min.71) e Sand (Riki, min.83).

Real Madrid: Casillas; Ramos, Pepe, Carvalho, Marcelo (Granero, min.76); Lass (Adebayor, min.60), Alonso, Kaká (Di María, min.60), Özil, Cristiano e Benzema.

Arbitrucho: Fernández Borbalán (Colexio Andaluz). Amonestou con carton amarelo a Riki, Sand, Laure e Rubén Pérez no Deportivo e a Granero, Carvalho e Pepe do Real Madrid.