miércoles, 26 de enero de 2011

Zaragoza 1 - DEPORTIVO 0

Vai tocar sufrir ata finais de tempada xa que non se amosan sintomas de mellora no xogo do equipo.Partido malísimo no que o Zaragoza ca lei do mínimo esforzo foi capaz de gañar pola mínima a un apático e pésimo Depor. Apatía que levan arrastrando todos e cada un dos xogadores do plantel deportivista durante os derradeiros encontros,deixando polo chan a imaxe da nosa identidade que en definitiva é o que nos interesa.Volevmos lembrar: UNIÓN E COMPROMISO nestes momentos difíciles.

Ficha técnica:

Zaragoza: Leo Franco; Diogo, Jarosik, Contini, Obradovic; Ponzio, Gabi, Ander Herrera (Jorge López (m.83), Boutahar (Lafita, m.66); Braulio e Sinama (Bertolo, m.51).

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Lopo, Manuel Pablo (Seoane, m.76); Antonio Tomás, Juan Rodríguez (Pablo Álvarez, m.63), Rubén Pérez, Lassad (Valerón, m.70) e Adrián.

Goles:
1-0, m.38, Boutahar.

Arbitrucho:
Fernández Borbalán (Colexio andaluz). Mostrou cartón amarelo a Ander (m.18), Obradovic (m.53), Contini (m.89) e Ponzio (m.94) do Zaragoza e a Rubén Pérez (m. 76) e Laure (m.95) do Deportivo.