domingo, 30 de enero de 2011

DEPORTIVO 3 - Sevilla 3




Bo partido do Depor onte en Riazor.Un lavado de cara bastante visible,onde viuse a un Depor con máis confianza e máis intensidade,aínda así non foi suficiente para pasar dun empate "in estremis" a tres goles, despois de desaproveitar dous goles de vantaxe e unha superioridade numérica de xogadores en case a totalidade da segunda parte.Bonita xornada extrafutbolística durante todo o fin de semana,aproveitando a visita dos nosos amigos de Biris.Debido aos malos resultados cosechados nas derradeiras xornadas, fixo falta lembrarlles aos xogadores que defenden a nosa entidade durante o calentamento previo ao encontro, a UNIÓN E COMPROMISO que exisimos no seu día, que servíu como previo do posterior tifo co que recibimos ao equipo.Ao longo da primeira parte sacouse unha pancarta mensaxe para felicitar o 35º aniversario dos Biris.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Zé Castro (Valerón, min.80), Aythami, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Antonio Tomás (Juca, min.26), Míchel (Juan Domínguez, min.56); Adrián e Lassad.

Sevilla: Palop; Fazio (Zokora, min.75), Cáceres, Alexis, Escudé; Dabo, Renato, Alfaro (Lautaro Acosta, min.53), Capel (Javi Varas, min.58); Luis Fabiano e Negredo.

Goles: 1-0 Lassad, min.14; 2-0 Lassad, min.61; 2-1 Negredo, min.63; 2-2 Escudé, min.73; 2-3 Negredo, min.79; 3-3 Laure, min.87.

Arbitrucho: Ayza Gámez (Colexio Valenciano). Cartón amarelo a Zé Castro (Deportivo) e a Dabo e Negredo (Sevilla). Expulsou con vermella directa a Palop do Sevilla.