lunes, 10 de enero de 2011

DEPORTIVO 0 - Barcelona 4



O guión xa estaba marcado e acabouse cumprindo ao dedillo.O Depor fixo esforzos para que a derrota non fose tan grande e non se merecía tanto castigo, pero o fútbol ten estas cousas e a día de hoxe xogar contra a barca é o que conleva.Podemos dicir sen equivocarnos que esa non é a nosa liga.A pesar da goleada non se parou en ningún momento de animar,demostrando que para uns poucos non existen nin existirán un barcelona e un madrid que acabe coas nosas ilusións.Moitos dos presentes no estadio o outro día nunca chegardes a gozar tanto como o fixemos nós no seu día.Como ben dí a canción: "SER DE LOS QUE GANAN ES MUY FÁCIL,SER DEL DEPORTIVO NOS PARECE MEJOR".

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Manuel Pablo; Antonio Tomás, Rubén Pérez, Saúl (Valerón, min.55), Juan Domínguez (Pablo Álvarez, min.78), Desmarets (Rindaroy, min.70); e Adrián.

Barcelona: Valdés; Adriano, Piqué, Puyol, Abidal; Mascherano, Keita, Iniesta (Thiago, min.82); Villa (Bojan, min.69), Messi e Pedro (Afellay, min.82).

Goles: 0-1 Villa, min.25; 0-2 Messi, min.51; 0-3 Iniesta, min.79; 0-4 Pedro, min.81.

Árbitro: Delgado Ferreiro (Colexio Vasco). Amonestou con cartón amarelo a Rubén Pérez por parte do Deportivo.