domingo, 19 de diciembre de 2010

DEPORTIVO 1 - Sporting 1




Un gol no último minuto do partido tras dominar o principio do partido, adelantandonos no marcador cun gol de Aythami,desaproveitar algúns man a man e despois de aguantar unha segunda parte bastante mala por ambos equipos,prívanos de levarnos os tres puntos contra un rival directo,os cales nos permitirían gozar este descanso do Nadal nunha zona máis tranquila da táboa,pero está claro que nos vai a tocar sufrir até o final.A nosa bancada con moi bo aspecto como sempre,tendo a dificil tarefa como sempre de intentar facer calar á famosa mareona.Un novo tifo para a colección para recibir ao equipo e unha moi boa animación durante todo o partido,lástima que as nosas ganas non se contaxiasen ao resto de afeccionados de Riazor.

Ficha del partido:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Rindaroy; Valerón (Saúl; min.82), Juan Domínguez, Rubén Pérez, Guardado (Juan Rodríguez; min.31); e Adrián (Riki; min.75).

Sporting de Gijón: Juan Pablo; Lora, Botía, Gregory, José Angel; Luis Morán (Bilic; min.62), Rivera, Eguren (De las Cuevas; min.79), Diego Castro; Nacho Novo (Ayoze; min.79) e David Barral.

Goles: 1-0 Aythami, min.12; 1-1 Diego Castro, min.89.

Arbitrucho: Velasco Carballo, do colexio madrileño.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Racing - DEPORTIVO (28.11.10)

jueves, 16 de diciembre de 2010

DEPORTIVO - Málaga (21.11.10)

NOVO MATERIAL

TODOS CO DEPOR!!

O sábado temos outra desas “finais” que levamos xogando desde o inicio da tempada, un partido decisivo para evitar caer de novo á parte baixa da táboa e onde nos visita un rival ao que podemos afundir máis nos postos de descenso.

O rival é o Sporting que virá acompañado de numerosos seareiros, o que fai que o partido se converta nun dos máis interesantes do ano en canto a ambiente. O ano pasado a afección deportivista, en xeral, non estivo á altura deste acontecemento, que en vez de acudir en masa para contrarrestar a numerosa presenza de afeccionados visitantes, fixo todo o contrario, as razóns que daban algúns dos ausentes nese partido dáme vergoña allea reflectilas aquí, en fin…máis do mesmo, é dicir, nada de nada.

Tócanos volver a deixar claro aos de aquí e aos de alí que non imos deixar só ao noso equipo xa veñan 4.000, 5.000 ou 10.000 afeccionados visitantes. A bancada ten que presentar un aspecto inmellorábel así que ide mentalizándovos e tendo claro que non pode fallar ninguén, non hai escusa algunha, esas deixámosllas para os do parágrafo anterior.

O ano pasado estivemos á altura, pero esta tempada debido á situación do equipo e do rival é fundamental comezar gañando o partido desde a bancada e meter a presión necesaria para que os visitantes se sintan incómodos. Necesitamos a forza e as voces de todos, aínda que sexamos moitos menos que eles, o que está claro é que somos mellores e volveremos a marcar o rumbo e a ser a voz do deportivismo unha vez máis.

Se o ano pasado a bancada estaba a rebentar, este ano ten que superar con creces o anterior. Necesitamos gañar, despois de todo o que fixemos ata o momento, levantando ao equipo do chan, non podemos deixar que caia de novo, é responsabilidade de todos . Así que xa sabedes, o venres deitádevos cedo e collede forzas para o partido, por certo, non vos esquezades de levar a vosa bufanda ou bandeira ao campo para dar máis colorido a Riazor.

FORZA DEPOR !!!

domingo, 12 de diciembre de 2010

At.Madrid 2 - DEPORTIVO 0




Despois do periplo Santanderino o equipo non podía estar só nas bancadas do estadio Vicente Calderón.Un bus e algún coche (un total de 70 membros do grupo) chegariamos á zona sobre as 21:10h. Sen ningún tipo de oposición nin policial,nin do grupo ultra local, e tras andar sós un bo anaco polas inmediacións do estadio atravesando a tan famosa ponte,chegamos á nosa porta de entrada ao estadio onde os madeiros nos interceptan e toman posicións.Nada máis que sacarlle a esta viaxe, a única pega a nova derrota do equipo o cal non fixo ningún merito para sacar nada positivo.Máis detalles da viaxe no próximo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:

Atlético de Madrid:
De Gea; Ujfalusi, Perea, Domínguez, Filipe; Raúl García (Mario Suárez, min. 82), Tiago; Reyes (Diego Costa, min. 84); Forlán (Fran Mérida, min. 78) y Agüero.

RC Deportivo de La Coruña: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami (Juan Domínguez, min. 45), Lopo, Seoane; Antonio Tomás, Juan Rodríguez (Valerón, min. 81), Saúl, Urreta (Adrián, min. 65); y Lassad.

Goles: 1-0, Agüero (min. 7); 2-0, Agüero (min. 35).

viernes, 10 de diciembre de 2010

DEPORTIVO 1 - Hércules 0



Nova victoria no noso feudo cun solitario gol de Lassad, que nos fai afastarnos un pouco máis dos postos de descenso.Grada con moi bo ambente durante todo o partido a pesar de ser Luns.Publicouse un novo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Rubén Pérez, Antonio Tomás (Juan Domínguez, m.77); Saúl, Urreta (Pablo Álvarez, m.80) e Adrián (Lassad, m.66).

Hércules: Calatayud; Cortés, Paz, Pamarot, Peña; Abel Aguilar, Fritzler (Tiago Gomes, m.55), Drenthe (Kiko, m.61), Tote, Valdez (Portillo, m.79) e Trezeguet.

Goles: 1-0, m. 71, Lassad.

Arbitrucho: Fernández Borbalán (Comité Andaluz). Mostrou carton amarelo a Peña (m. 10), Fritzler (m.49) e Drenthe (m.59) no Hércules e a Lopo (m.26) e Manuel Pablo (m.90) polo Deportivo.