lunes, 27 de septiembre de 2010

DEPORTIVO 0 - Almería 2



Nada que comentar do ridículo de onte que nos coloca en postos de descenso.Aínda queda moita liga (que sirva de consolo),pero este equipo non apunta a máis.O mal xogo do equipo e a falta de aptitude contaxiouse á nosa bancada xa que non estivo a niveis de outras veces.Hai que poñerse ás pilas,é máis tal e como se presentan as cousas.

Ficha técnica:

Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Lopo (Zé Castro, min.45), Colotto, Rindaroy; Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Desmarets (Valerón, min.32), Lassad, Guardado; e Adrián (Dioni, min.71).

Almería: Alves; Míchel, Acasiete, Carlos García, J.M. Ortiz; Corona, Mo, Bernardello, Crusat (Valeri, min.84); Piatti (Ortiz, min.90) e Uche (Ulloa, min.62).

Goles: 0-1 Uche, min.4; 0-2 Uche, min.18.

Arbitrucho: González González (Colegio Castellano-Leonés). Amonestou con amarela a Adrián no Deportivo e a Mo e Corona no Almería. Expulsou a Colotto con vermella directa no minuto 41.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

DEPORTIVO - Getafe(20.9.2010)

martes, 21 de septiembre de 2010

DEPORTIVO 2 - Getafe 2




Un novo empate, pero esta vez con goles (2-2) ante o Getafe nun partido no que o depor cambiou totalmente de imaxe dunha parte a outra.O xogo rácanos e aburrido da primeira, deu paso a unha ilusionante segunda parte coa entrada de Desmarets que revolucionou o partido.O francés botouse o equipo ás costas e unha xogada súa provocou o primeiro penalti do partido tranformado por Guardado,o cal faría o mesmo co segundo penalti que tamén veu precedido dun corner provocado polo francés.Nos minutos posteriores púidose sentenciar en varios man a man,pero a fortuna non estivo desta volta do lado deportivista.Arizmendi colocou o empate no marcador e a entrada de Riki ao campo deu un sopro de aire fresco ao equipo e súas foron dúas das ocasións máis claras do partido.A segunda parte serviu sobretodo para ilusionarse en que si pode existir o bo xogo de equipo do que presume Lotina desde a pretemporada.Pola nosa banda,a pesar de ser luns,a bancada presentou un magnifico aspecto sendo como sempre a zona máis poboada do estadio.Durante o trancurso do encontro mostramos a nosa disconformidade contra o novo fútbol que nos está tocando vivir e antes de deixar vacia a bancada e non poder animar ao noso equipo,preferimos facer alusión ao tema sacando un par de pancartas mensaxes en ambas partes do partido(UN SAÚDO PARA O FUTBOL OS LUNS//NON AO FUTBOL MODERNO,NON AO PPV).

Ficha técnica do partido:

Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Morel; Antonio Tomás, Rubén Pérez, Guardado, Urreta (Desmarets, min.41), Míchel (Lassad, min.38); y Adrián (Riki, min.80).


Getafe:
Ustari (Codina, min.14); Torres, Cata Díaz, Marcano, Mané; Mosquera, Boateng, Parejo, Arizmendi (Miku, min.70), Manu; y Colunga (Casquero, min.80).

Goles: 0-1 Colunga, min.32; 1-1 Guardado (p.), min.49; 2-1 Guardado (p.), min.57; 2-2 Arizmendi, min.69.

Arbitrucho: Muñiz Fernández (Colexiado Asturiano). Amonestou con carton amarelo a Lopo e a Lassad no Deportivo e a Manu, Cata Díaz, Boateng, Torres e Marcano polo Getafe. Expulsou a Mosquera por dobre amarela no minuto 80.

viernes, 17 de septiembre de 2010

Odio ao futbol moderno,odio ao pay per view!!

Como xa saberedes,a próxima xornada non a xogamos o sábado ás 6,nin o sábado ás 8,nin o sábado as 10,tampouco se disputa o domingo ás 5,nin o domingo ás 7,nin o domingo ás 9.Tócanos nada máis e nada menos que o luns ás 9,un día e unha hora perfecta (modo irónico incluido).
No futbol moderno os socios dos clubes,os afeccionados de toda a vida,esa xente que manten a ilusión nunhas cores e nun escudo,aqueles afeccionados que por exemplo levan toda a vida vendo ao seu equipo desde que xogaba o descenso a 2ºB ata que chegou a gañar a liga,a esta xente que mantivo o espírito do que é o futbol,pásaselles por enriba con horarios e decisións onde o único que prima é o que a televisión(o diñeiro) dicte,perxudicando ao futbol e engordando o peto duns poucos.¿Qué sentido ten xogar un Depor-Xetafe un luns ás 9?, ¿quen collóns vai ir a un bar(salvando aos afeccionados de ambos clubes) explicitamente a ver este partido?,¿canto "share" vai ter este encontro?,¿quen collons tragouse o outro día o Almería-R.Sociedade neste mesmo horario,os chineses?.Estanse a cargar o futbol,baleirando os estadios.A día de hoxe,ate unha semana antes do partido en cuestión non sabes que día vas a xogar nin en que horario,o que impide que moitos afeccionados que queiran viaxar para ver ao seu equipo fóra da casa non poidan facelo dado que arriscan a que a súa viaxe programada e o seu posible billete mercado non lles sirva para nada.A solución no pode ser mercalo unha vez que saibas o día exacto xa que se cadra, un voo que che podías sacar por 40 euros,na mesma semana do partido telo entre 100 ou 200 euros,etc...Está claro que para os dirixentes do futbol e das televisions estas cantidades non é diñeiro, pero para os verdadeiros afeccionados ao futbol,aqueles que tentan ver xogar ao seu equipo alá onde vaia,non poden permitilo xornada tras xornada.
Cremos lembrar que a LFP é das poucas ligas grandes (queda enorme esta acepción)que non ten fixado os partidos cos seus horarios antes do inicio da competición,¿é lóxico isto?,¿será moito traballo para os señoritos?.A isto hai que sumarlle o prezo das entrada que é un dos máis altos de Europa.O outro día liamos que os afeccionados do Borusia de Dormund non ían acudir ao seu derbi fronte o Schalke 04 debido ao alto prezo das entradas para o seu sector,o prezo desta entrada era de 22 euros (a máis barata).Este é só un exemplo,salvando a liga inglesa,podemos asegurar sen temor a equivocarnos que as entradas da nosa liga son con moita diferenza demasiado caras comparadas co resto de campionatos europeos(Italia,Alemaña,Francia,o leste de Europa,etec...).Ainda que en A Coruña,dentro do malo,temos un dos abonos máis baratos de toda a liga,do mesmo xeito que as entradas.
O vindeiro luns as bancadas de Riazor estarán semivacias,un partido que debería xogarse durante o fin de semana pasa a disputarse un día laborable porque as plataformas dixitais ditárono así.Se ninguén o para,estes abusos continuarán con partidos ás 3 da tarde e a saber cal será a próxima gran idea destes vividores.Hai un límite que nunca deberían traspasar pero ainda estamos a tempo de cambiar a orde,os afeccionados ao futbol temos que reaccionar e non permitir que esta xente que está facendo co futbol o que se lle antolla,esnaquice por completo este deporte.
O luns estaremos os de sempre,os que non fallan e os que loitan por un futbol popular,os que non se van a calar ante este abuso marcado polo Pay per View,un sen senido ante o cal poucos protestan.Debemos encher a bancada e deixar ben claro que odiamos a esta xente,as súas ideas e a seu futbol,debemos deixar ben claro que o futbol é do pobo e loitaremos porque isto siga sendo así.FORZA DEPOR!!

martes, 14 de septiembre de 2010

NON AO FUTBOL OS LUNS

Sevilla 0 - DEPORTIVO 0

Novo empate sen goles no segundo partido da tempada, no que vén ser a confirmación do que se falaba en preptemporada,a necesidade dun home de gol.Notouse unha melloría no xogo do equipo con respecto ao primeiro partido,o que valeu para traerse un punto dun dos campos máis complicados da liga a priori.Pequena representación da peña nas bancadas do Pizjuan que puido ser maior se non fóra polo día e hora na que se disputou o partido.

Ficha técnica:

Sevilla FC: Palop; Konko, Martín Cáceres, Escudé, Fernando Navarro; Jesús Navas, Zokora, Guarente (Renato, 69′), Perotti; Kanouté (José Carlos, 69′) y Negredo (Luis Fabiano, 76′).

RC Deportivo de La Coruña: Manu; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Morel; Rubén Pérez (Juca, 78′), Antonio Tomás (Juan Rodríguez, 70′); Urreta, Desmarets (Lassad, 57′), Andrés Guardado; y Adrián.

Resultado: 0-0.

Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, ante uns 25 000 espectadores.

Arbitrucho: Turienzo Álvarez (colegio leonés). Amonestou a Zokora (min. 16), Escudé (min. 57) e Cáceres (min. 74) polo bando local e a Antonio Tomás (min. 25), Guardado (min. 74) e Lopo (min. 86) no visitante.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

DEPORTIVO-Zaragoza (29.8.2010)