lunes, 30 de agosto de 2010

DEPORTIVO 0 - Zaragoza 0



Primeiro partido da nova tempada, no que ao que deportivamente se refire case nada cambiou con respecto á anterior.As caras novas non melloran para nada o fútbol do Depor e a falta dun dianteiro de garantias non pode ser o único problema.A sorpresa positiva da xornada foi Urreta,unha das novas incorporacións para a presente tempada que deixou moi bo sabor de boca,así como as ganas que lle puxo durante gran parte do partido A.Gardado.Aínda estamos a falar do primeiro partido e queda moita liga por diante e moito que mellorar,pero un empate contra un frouxo Zaragoza fainos que pensar.Na bancada notábase que había ganas de fútbol,polo menos na nosa zona,xa que as bancadas de Riazor presentaban un asecto bastante triste.Pola nosa banda estabamos de estreo,con nova megafonía e nova pancarta.Saíu a venda un novo número do noso fanzine "Curva Máxika" o cal xa está esgotado.Nula presenza nin do grupo ultra Ligallo nin da peña de animación colectivo 1932.

Ficha técnica:

Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Morel; Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Urreta, Míchel (Valerón, min.43), Guardado (Saúl, min.76); y Adrián (Riki, min.64).

Zaragoza: Leo Franco; Diogo, Contini, Jarosik, Obradovic; Ander, Gabi, Ponzio, Jorge López (Lafita, min.71), Bertolo (Edmilson, min.91); y Marco Pérez (Braulio, min.81).

Arbitrucho: Teixeira Vitienes (Colegio Cántabro). Amonestó a Gabi por el Zaragoza.

Incidencias: Partido correspondente á xornada número 1 de Liga disputado no Estadio de Riazor ante uns 18.000 espectadores.

jueves, 26 de agosto de 2010

CURVA MÁXIKA

Para comezar con bo pé o ano futbolístico,no primeiro partido da tempada teredes a vosa disposición o primeiro número do fanzine curva máxika deste ano(nº 115),o cal volve a ser un referente para todos vós e no que vos poñemos ao día de todas as novidades da peña,as que xurdiron durante este verán e todas as que están por vir,aparte de moitos máis artigos dos que esperemos que gustedes.

NOVO MATERIAL

*Bandeira de agasallo para as 200 primeiras renovacions do carnet de socio de Riazor Blues.Tamén dispoñible para socios (novas altas) ou non socios,máis información no apartado de material