lunes, 29 de marzo de 2010

RCD A CORUÑA - Getafe cf.

Volvemos perder en Riazor ante un rival directo polos postos europeos nun mal partido do Depor unha vez máis.Aparte da goleada os xogadores demostraron unha falta de ganas absoluta, a cal vese reflectida tamén na nosa bancada.Xogandonos o que nos estamos xogando non se pode render a tan frouxo nivel,nin por unha banda nin polo outra.A ver se as cousas cambian para afrontar os poucos partidos que restan para acabar a tempada e intentar terminala do mellor xeito posible.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Sporting - RCD A CORUÑA




Un bus e algún coche particular visitamos unha vez máis Xixón,onde parece que cada ano que pasa convértese nunha viaxe máis descafeinada.Ao redor de 70 membros do grupo paseamos pola cidade sen ningún tipo de oposición e sen ningún tipo de escolta ata chegar ás proximidades do molinón onde fomos interceptados por un coche da secretea e posteriormente por varias leiteiras que nos recibiron a base de porrazos.Xa dentro do estadio vimos por primeira e única vez ao grupo local,bo aspecto de bancada e pouco máis.Animación constante pola nosa parte durante a totalidade do encontro,empurrando aos casi 250 afeccionados deportivistas presentes nas bancadas.Futbolisticamente falando,nova derrota do Depor de forma inxusta e cunha arbitraxe pésima.Mala primeira parte onde nos quedamos con 10 xogadores durante case todo o partido rematando con 9 os derradeiros minutos.Na segunda parte viuse a un Depor máis metido no partido e Adrián puxo o empate no marcador e a mala sorte quixo que en duas ocasións claras non nos adelantasemos no marcador.Ao final un penalty rigoroso no desconto deulle a vitoria ao conxunto local.Mala racha a que estamos a atravesar,pero hai que seguir cara adiante.Un saúdo aos presentes en Xixón.Máis detalles no vindeiro número do noso fanzine.

RCD A CORUÑA - Valladolid


Nova derrota nun partido malo tanto no terreo de xogo como na bancada do que nin merece a pena comentar nada.Destacar a pancarta mensaxe a favor dunha rúa para o RC.Deportivo.

viernes, 19 de marzo de 2010

Sevilla fc - RCD A CORUÑA

Un dos mellores partidos do Deportivo a domicilio na presente tempada con un esquema moi definido e unha gran formulación.O Sevilla adiantouse no marcador e o Deportivo no canto de quedar tocado animicamente continuou cun xogo agresivo e por medio dunha gran triangulación de Juan Dominguez e Guardado e con unha finalizacion maxistral de Adrian,conseguiuse o tanto do empate.Partido controlado en todo momento polo Deportivo pechando ben as bandas ao sevilla, sobre todo Laure a Navas pola dereita.Resultado moi positivo para non perder corda con europa e co golaveraje a favor do Depor.Presencia nas bancadas de bastantes membros da peña,compartendo fin de semana cos compañeiros de Biris aos que lles hai que agradecer unha vez máis o trato recibido.

NOTA: debido a unha serie de problemas,foinos imposible actualizar o blog como de costume.Perdoade as molestias.

lunes, 1 de marzo de 2010

NOVO MATERIAL XA A VENDA

*Máis info no aparatado de material

Villarreal - RCD A CORUÑA

Derrota pola mínima nun partido no que ningún dos dous equipos destacou polo bo fútbol.Un comezo bastante disputado cos dous equipos bastante metidos no partido,pero a mediados da primeira parte o conxunto local,tras unha xogada aillada, adiantouse no marcador poñendo contra as cordas ao depor nos minutos posteriores.Na segunda parte o Depor experimentou unha pequena melloría,pero non foi suficiente nin para empatar o partido.O único bo que seguimos en posicións privilexiadas,pero cos equipos que veñen detrás cada vez mais cerca.