lunes, 22 de febrero de 2010

RCD A CORUÑA - Xerez cd.




Bo fin de semana de festa e fútbol,sobretodo de festa cos compañeiros do Kolectivo Sur desde a súa chegada á nosa cidade.Vitoria do Depor nun partido no que ao final tocou sufrir máis da conta.Novo tifo,pequeno pero vistoso e con mensaxe contra o fútbol negocio.Pancarta mensaxe a mediados da segunda parte co mesmo motivo.Ambiente mellorable na bancada neste partido.Un saúdo aos desprazados do Kolectivo Sur que compartiron fin de semana connosco.Moita sorte para o que resta de tempada.

lunes, 15 de febrero de 2010

FESTA (sábado 20 a partir das 22h)

Espanyol - RCD A CORUÑA

Nova derrota do Depor por 2-0 nun partido que foi de claro dominio perico de principio a fin.O máis destacable do Depor, un man a man desaproveitado por Bodipo contra Kameni con dous goles en contra.Novo partido no que acabamos cun xogador menos pola expulsión do centrocampista A.Tomás e como ocorreu na primeira volta, Verdú (exjugador Deportivista)volveu marcar e celebrar o tanto.Consolídase a mala serie de resultados, pero a pesar diso seguimos ocupando postos europeos.Agora toca pensar no encontro fronte ao Xerez no que xa temos que empezar a non fallar máis, para seguir intentando manter o nivel da primeira volta.

Málaga - RCD A CORUÑA

Frouxo partido do Depor que a pesar de xogar con 10 xogadores durante a maior parte do encontro,soubo sobreporse e acabou por conseguir un punto que nos segue mantendo en postos UEFA.