


Primeira derrota do Depor en Riazor despois dun refacho de 19 anos seguidos sen saber o que é perder contra o R.Madrid.Unha mala primeira parte dun Depor cheo de baixas, levou ao equipo ao descanso cun 0-2 no marcador.Depois do descanso o equipo saliuo un pouco máis metido no partido, chegando ata a tutear ao conxunto madridsta nalgunha fase do partido, ata que a 5 minutos do final,Riki recortaba distancias de penalti,facendo crer aos alí presentes nunha posible remontada como a do ano 1991 na que tamén empezamos perdendo 0-2 e acabamos gañando.Pero ao final outro gol dos madridistas nos minutos de desconto acabaron con todas as esperanzas.Moi bo ambiente nun Riazor cheo como é costume nestes partidos,o que tamén implica que a nosa zona tamén presentase un magnifico aspecto,con máis xente da habitual.Novo tifo para recibir ao equipo,o cal saíu como se esperaba a pesar de habelo terminado a última hora.Mandar un saúdo e darlle as grazas a todos aqueles que dedicastes o voso tempo libre para a elaboración do mesmo.










