lunes, 29 de noviembre de 2010

Racing 1 - DEPORTIVO 0








Nova viaxe do grupo a terras Cántabras.Chegada dos dous buses con 114 membros da peña sobre as 14h, hora idonea para tomar o vermouth e a dar un paseo do máis tranquilo pola cidade.Sen noticias do grupo de rap local durante todo o día,só vímolos de lonxe cando estabamos a entrar ao estadio acompañados dos seus pais, que con dúas cargas desproporcionadas impídennos achegarnos a eles.Durante o partido nova carga e ao remate do mesmo novas cargas no vomitorio cando esperabamos a sair do estadio as cales se repetiron tres veces e de novo de forma desproporcionada. A pesar da derrota e do frío considerable fixémonos notar como sempre nese estadio,cousa non moi difícil.Estrea da nova pancarta de viaxes do grupo.Partido bastante aburrido e malo do Depor do que pouco se pode destacar salvo o balón que mandou ao pau Adrián ao principio do partido, que puido cambiar o rumbo do mesmo.

Ficha técnica:

Racing: Toño; Francis, Henrique, Torrejón, Christian; Colsa, Lacen; Kennedy, Iván Bolado (Edu Bedia, min. 72), Munitis; e Markus Rosenberg (Ariel Nahuelpan. min. 88).

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Rubén Pérez, Juan Rodríguez (Urreta, min. 81), Pablo Álvarez (Lassad, min. 70), Desmarets (Valerón, min. 57); e Adrián.

Gol: 1-0, Markus Rosenberg (min. 60).

Arbitrucho:
Clos Gómez (colexio aragonés).