martes, 23 de noviembre de 2010

DEPORTIVO 3 - Málaga 0


Vitoria importante do Depor ante un rival directo na táboa.Outra vez o 3-0 volve ser o marcador final do partido no que se viu a ou Depor bastante metido de principio a fin e no que as xogadas a balon parado e unha vez máis a gran actuación da xa famosa defensa de cinco, foron claves.Adrián de penalti,Colotto nun rexeite dun corner e Pablo Alvarez tras unha gran xogada persoal foron os encargados de facer os tres tantos da vitoria que nos afasta un pouco máis dos temidos postos de descenso.A bancada unha vez máis ata a bandeira que a pesar da climatoloxía respirou un moi bó ambente.O equipo foi recibido cun novo e experimental tifo,o cal debido a problemas alleos a nós non quedou como se tiña pensado,ainda así o resultado foi bastante vistoso.
Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Aythami, Seoane; Rubén Pérez (Juan Domínguez, min.79), Juan Rodríguez, Desmarets; Adrián (Saúl, min.85) e Dioni (Pablo Álvarez, min.68).

Málaga: Arnau; Gámez, Weligton, Kris, Mtiliga; Recio, Portillo, Sandro (Juanito, min.69), Duda (Quincy, min.59), Eliseu; e Baha (Edinho, min.59).

Goles: 1-0 Adrián (p.), min.21; 2-0 Colotto, min.29; 3-0 Pablo Álvarez, min.82.

Arbitrucho: Álvarez Izquierdo (Colexio catalán). Amonestou con tarxeta amarela a Dioni, Seoane, Colotto e Rubén Pérez no Deportivo e a Sandro e Duda no Málaga.