martes, 2 de noviembre de 2010

DEPORTIVO 3 - Espanyol 0



Primeira vitoria do Depor esta tempada,tardou en chegar pero as ganas fixeron que fose de maneira sobrada.Tres goles,os mesmos que se habian marcado no que levamos de campionato,foron os que se lle endosaron a un Espanyol que mostrou ganas na primeira parte,pero que na segunda foi sacado do partido por un Depor ao que sí se lle viron maneiras,motivación e ganas de facer as cousas ben,destacando xogadores como Adrian e Colotto.Este é o camiño que hai que seguir,esperemos que sexa unha inxección de moral para os xogadores e afeccionados,xa que falta facía.A pesar de como están as cousas nós seguimos ao noso e volvemos despregar un pequeno tifo que debido ao tempo e sobretodo ao vento non quedou como se esperaba,aínda así podémonos dar cun canto nos dentes.Grada a rebentar e animación na mesma linea dos últimos partidos.Durante o previo e descanso do partido xa puidestes facervos co novo material do grupo.

Ficha técnica:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Lopo, Colotto, Rindaroy (Seoane, min.45); Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Saúl (Pablo Álvarez, min.66), Adrián; e Riki (Lassad, min.74).

Espanyol: Cristian Álvarez; Chica (Javi López, min.70), Víctor Ruíz, Forlín, David García; Duscher, Baena (Álvaro, min.45), Dátolo, Verdú; Luis García e Callejón (Iván Alonso, min.64).

Goles: 1-0 Adrián, min.26; 2-0 Lopo, min.75; 3-0 Colotto, min.86.

Arbitrucho: Undiano Mallenco (Colexio Navarro). Amonestu con tarxeta amarela a Rindaroy no Deportivo e a Javi López, David García e Víctor Ruíz do Espanyol.