miércoles, 27 de octubre de 2010

SEMPRE CO DEPOR!!

8 xornadas disputadas, 4 partidos perdidos, 4 partidos empatados, 0 vitorias, 3 goles a favor (2 de penalti) e 14 goles en contra. A desesperación aparece e a paciencia remátase...Só nos quéda unha opción e é converter Riazor nun inferno o vindeiro domingo. Nós somos os que verdadeiramente sentimos as cores da camiseta que os xogadores se poñen partido tras partido e somos nós os que nunca imos faltar ao noso club, por iso, nesta difícil situación na que nos atopamos temos que tentar, unha vez máis, espabilar ao equipo, non deixar que se durman, facer que loiten até o final cada balón que teñan diante. Podemos perder pero deixándoo todo no campo.A reacción debe empezar xa, o partido do domingo é coma unha final, temos que estar aícando vaian quecer e tamén durante os 90 minutos, tentar gañar o partido dende a bancada, pitar cada ataque do rival e empurrar e dar ás a cada contraataque do Depor.Ao noso favor xoga que estamos a 3 puntos de saír dos postos de descenso e que quedan 30 partidos de liga e 90 puntos en xogo. Até o día de hoxe o grupo estivo a un nivel alto, pero a situación do equipo require apoiar un pouco máis se cabe. Temos que volver encher a bancada, facer que explote, non imos tirar a toalla e non podemos permitir que o equipo afúndase a mínima. O Domingo (Luns festivo) poida que sexa un dos partidos mais importantes da tempada e tamén un dos mais importantes dos últimos anos, así que ninguén pódese quedar na casa, o domingo toca “liar un buen pollo”, é o que nos queda rapaces... non hai outra, debemos dar exemplo de forza, garra e sentimento aosnosos xogadores.Vémonos o Domingo, é agora cando o Depor necesítanos a todos, unha parte disto esta nas nosas mans, non faies.FORZA DEPOR.

RIAZOR BLUES 1987.