lunes, 18 de octubre de 2010

DEPORTIVO 0 - Osasuna 0






Novo empate nun partido que para nós comezou o martes pasado cando nos presentamos nas instalacións de Abegondo no adestramento do equipo para mostrarlles o noso apoio a pesar do mal momento deportivo que estamos a atravesar.De nada serviu o xesto,pois o único conseguido onte foi unha pequena melloría no xogo do equipo, que como sempre resultará pasaxeira e que non chega a ser suficiente para sacar unha vitoria contra un dos que en principio vai ser un rival directo na táboa ao final de liga,o cal xogou con dez xogadores case a totalidade do encontro.Se a isto sumámoslle as escasas oportunidades de gol creadas e que a sorte non xogou da nosa parte, obtemos como resultado os postos de descenso nos que nos atopamos.A bancada presentou un formidable aspecto como vén sendo habitual, sin parar de animar en ningún momento a pesar de algún inconveniente de última hora.O partido serviu para lucir o primeiro,pequeno e resultón tifo da tempada e para esgotar a tirada do novo número do noso fanzine "Curva Máxika".

Ficha técnica
:

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Seoane; Antonio Tomás (Pablo Álvarez, min.78), Rubén Pérez, Juan Rodríguez, Desmarets (Saúl, min.84), Lassad (Dioni, min.74) e Adrián.

Osasuna: Ricardo; Damiá, Lolo, Flaño, Monreal; Soriano, Vadocz (Masoud, min.68), Camuñas, Juanfran (Nelson, min.91), Nekounam; e Lekic (Sola, min.68).

Arbitrucho: Pérez Lasa (Colexio Vasco). Amonestou con tarxeta amarela a Lopo, Aranzubia e Dioni polo Deportivo e a Monreal e Sola polo Osasuna.Cartón vermello directo a Camuñas do Osasuna.