viernes, 17 de septiembre de 2010

Odio ao futbol moderno,odio ao pay per view!!

Como xa saberedes,a próxima xornada non a xogamos o sábado ás 6,nin o sábado ás 8,nin o sábado as 10,tampouco se disputa o domingo ás 5,nin o domingo ás 7,nin o domingo ás 9.Tócanos nada máis e nada menos que o luns ás 9,un día e unha hora perfecta (modo irónico incluido).
No futbol moderno os socios dos clubes,os afeccionados de toda a vida,esa xente que manten a ilusión nunhas cores e nun escudo,aqueles afeccionados que por exemplo levan toda a vida vendo ao seu equipo desde que xogaba o descenso a 2ºB ata que chegou a gañar a liga,a esta xente que mantivo o espírito do que é o futbol,pásaselles por enriba con horarios e decisións onde o único que prima é o que a televisión(o diñeiro) dicte,perxudicando ao futbol e engordando o peto duns poucos.¿Qué sentido ten xogar un Depor-Xetafe un luns ás 9?, ¿quen collóns vai ir a un bar(salvando aos afeccionados de ambos clubes) explicitamente a ver este partido?,¿canto "share" vai ter este encontro?,¿quen collons tragouse o outro día o Almería-R.Sociedade neste mesmo horario,os chineses?.Estanse a cargar o futbol,baleirando os estadios.A día de hoxe,ate unha semana antes do partido en cuestión non sabes que día vas a xogar nin en que horario,o que impide que moitos afeccionados que queiran viaxar para ver ao seu equipo fóra da casa non poidan facelo dado que arriscan a que a súa viaxe programada e o seu posible billete mercado non lles sirva para nada.A solución no pode ser mercalo unha vez que saibas o día exacto xa que se cadra, un voo que che podías sacar por 40 euros,na mesma semana do partido telo entre 100 ou 200 euros,etc...Está claro que para os dirixentes do futbol e das televisions estas cantidades non é diñeiro, pero para os verdadeiros afeccionados ao futbol,aqueles que tentan ver xogar ao seu equipo alá onde vaia,non poden permitilo xornada tras xornada.
Cremos lembrar que a LFP é das poucas ligas grandes (queda enorme esta acepción)que non ten fixado os partidos cos seus horarios antes do inicio da competición,¿é lóxico isto?,¿será moito traballo para os señoritos?.A isto hai que sumarlle o prezo das entrada que é un dos máis altos de Europa.O outro día liamos que os afeccionados do Borusia de Dormund non ían acudir ao seu derbi fronte o Schalke 04 debido ao alto prezo das entradas para o seu sector,o prezo desta entrada era de 22 euros (a máis barata).Este é só un exemplo,salvando a liga inglesa,podemos asegurar sen temor a equivocarnos que as entradas da nosa liga son con moita diferenza demasiado caras comparadas co resto de campionatos europeos(Italia,Alemaña,Francia,o leste de Europa,etec...).Ainda que en A Coruña,dentro do malo,temos un dos abonos máis baratos de toda a liga,do mesmo xeito que as entradas.
O vindeiro luns as bancadas de Riazor estarán semivacias,un partido que debería xogarse durante o fin de semana pasa a disputarse un día laborable porque as plataformas dixitais ditárono así.Se ninguén o para,estes abusos continuarán con partidos ás 3 da tarde e a saber cal será a próxima gran idea destes vividores.Hai un límite que nunca deberían traspasar pero ainda estamos a tempo de cambiar a orde,os afeccionados ao futbol temos que reaccionar e non permitir que esta xente que está facendo co futbol o que se lle antolla,esnaquice por completo este deporte.
O luns estaremos os de sempre,os que non fallan e os que loitan por un futbol popular,os que non se van a calar ante este abuso marcado polo Pay per View,un sen senido ante o cal poucos protestan.Debemos encher a bancada e deixar ben claro que odiamos a esta xente,as súas ideas e a seu futbol,debemos deixar ben claro que o futbol é do pobo e loitaremos porque isto siga sendo así.FORZA DEPOR!!