miércoles, 19 de mayo de 2010

19 DE MAIO DO 2000/2010

10 anos cúmprense xa da consecución do primeiro e único titulo ligueiro que coñece Galiza.De entre outros moitos títulos dos que tamén somos os únicos en acadalos no noso pequeno país, podemos destacar este como o máis importante,por iso cremos conveniente facer un pequeno recordatorio.Mentres outros saían á rúa para celebrar ascensos de cando en vez,nós faciámolo para celebrar algún título.Volveremos ser grandes pero nunca deixaremos de ser O PRIMEIRO EQUIPO DA GALIZA.