lunes, 26 de abril de 2010

Valencia cf. - RCD A CORUÑA

Como vén sendo costume nos últimos partidos o Depor volveuse a atopar coa derrota,esta vez en Mestalla.Había mínimas esperanzas logo de gañar unha vez esta tempada nese estadio (en copa), pero as rachas que se estaban atravesando non eran as mesmas,así que esta vez non houbo sorpresa e trouxemos para A Coruña unha derrota pola mínima.Podemos dicir que se viu unha lixeira melloría do equipo,sobretodo na segunda parte, a escepción dalgúns xogadores que se arrastraron polo campo do principio a fin.Con esa actitude non aspiramos a nada,de feito os postos europeos afástanse cada vez máis.