miércoles, 7 de abril de 2010

At.Madrid - RCD A CORUÑA

Unha nova derrota e xa é a cuarta consecutiva.Falta de ganas,de intensidade e de todo no plantel deportivista,no que parece mentira que se estean a xogar un posto en europa.O Atleti pasou por enriba do Depor en todo momento co mínimo esforzo,acabando por meternos tres goles que nos afastan cada vez máis da zona alta da táboa que ocupamos duarnte a maior parte do campionato.Esperemos que sirva un pouco de escarmento e que a partir de agora os xogadores botenlle máis peito e logremos acadar cos obxetivos que todos desexamos,xa que ainda que haxamos conseguido os puntos necesarios para manternos na división,sería unha pena botar pola borda toda a boa tempada que fixemos.Agora máis que nunca é cando debemos apoiar a o noso equipo.