


Un bus e algún coche particular visitamos unha vez máis Xixón,onde parece que cada ano que pasa convértese nunha viaxe máis descafeinada.Ao redor de 70 membros do grupo paseamos pola cidade sen ningún tipo de oposición e sen ningún tipo de escolta ata chegar ás proximidades do molinón onde fomos interceptados por un coche da secretea e posteriormente por varias leiteiras que nos recibiron a base de porrazos.Xa dentro do estadio vimos por primeira e única vez ao grupo local,bo aspecto de bancada e pouco máis.Animación constante pola nosa parte durante a totalidade do encontro,empurrando aos casi 250 afeccionados deportivistas presentes nas bancadas.Futbolisticamente falando,nova derrota do Depor de forma inxusta e cunha arbitraxe pésima.Mala primeira parte onde nos quedamos con 10 xogadores durante case todo o partido rematando con 9 os derradeiros minutos.Na segunda parte viuse a un Depor máis metido no partido e Adrián puxo o empate no marcador e a mala sorte quixo que en duas ocasións claras non nos adelantasemos no marcador.Ao final un penalty rigoroso no desconto deulle a vitoria ao conxunto local.Mala racha a que estamos a atravesar,pero hai que seguir cara adiante.Un saúdo aos presentes en Xixón.Máis detalles no vindeiro número do noso fanzine.