


Nova viaxe do grupo,desta volta ao Sardinero onde vén sendo habitual desprazar un bo número de xente.Nesta ocasión fomos menos que nos últimos anos,aínda así un bus e un par de coches particulares démonos cita en terras Cántabras,onde,desde o medio día demos colorido e bo ambente aos arredores do estadio,creando así un bo previo ao partido,onde volvemos conseguir unha nova vitoria cun solitario gol de Lopo(min.75)logo de desperdiciar varias ocasións (J.Rodriguez e Colotto).A recta final do partido foi de sufrimento,pero ca nosa constante animación durante topo o partido e aproveitando que o Sardinero e un dos estadios con menos ambente de primeira,conseguimos darlle o empuxe necesario aos nosos para levarnos os tres puntos que nos manteñen en postos de privilexio no taboeiro.Máis detalles da viaxe no próximo fanzine "Curva Máxika"




