Hoxe imos facer un lapso das nosas típicas cousas, para criticar un artigo de opinión impreso no xornal do clube. O luns 12 de Outubro publicábase na contraportada do Depor Sport, e firmado por Carlos Dans un
texto titulado: "Con la L a cuestas". O tema xa o podedes imaxinar, o que é difícil de dixerir é o contido, por reaccionario, por falso, hortera, é máis que nada por ser o xornal do noso Deportivo o que o publica. É falso señor Dans que o noso equipo se bautizara así, noso dos Riazor Blues, que vostede aínda non teño claro que sexa del, doutra forma igual sabía que o Deportivo se bautizóu como Club Deportivo de la Sala Calvet, onde o "la" era nada máis que un

artigo, non a expresión política do racismo que todavía se vive nesta cidade, contra os que falaron, falan e falaran en galego, unha realidade por desgracia en perigo.
Fala vostede de espírito coruñés, ollo!, non para dar leccións malia que podía, porque cree nun Deus, como ben apunta nas súas liñas non sabemos porqué...E de todos é sabido que as relixións non lles gusta dar leccións, non si?. Mais señor Dans, a pagáns aos coruñeses non nos gaña ninguén, se non mire para as nosas festas máis concorridas: fin de ano, entroido, e a nai de todas as festas pagás, o solsticio de verán agora chamado San Xoan. Ese é o espírito coruñés.
Tamén toca un tema que nos apasiona a todos os deportivistas os: "coruñeses de toda la vida"(si señor, Paco Vázquez ese gran deportivista firmaría o seu artigo sen dubidalo). Nós que toda a vida levábamos preguntándonos quenes eran estes "coruñeses de toda la vida", e mira por onde que gracias a vostede xa o sabemos.
Segundo Mr. Dans os C.D.T.L.V. poden ser mestizos (como él mesmo se define), maquetos, pailáns, cipayos ou inmigrantes... .Imos traducir para que os non coruñeses o entendan:
Primeiro están os C.D.T.L.V., estes son unha poboación autóctona, minoritaria, e descendentes dos constructores da Torre (coma os "others" da serie Lost), por iso teñen dereitos sobre todos os demáis e o seu lema é: "pon una L en tu vida".
Os mestizos serían fillos bastardos destes C.D.T.L.V. con algunha pailana que despistada chegara ata o club náutico ou o de tenis. Estes mestizos poden conservar algún poder se son educados no idioma cervantino.
Os pailáns e os inmigrantes son castes sen civilizar, aos que lles hai que ensinar español para que non espanten aos turistas de "Madriz", e non desluzan ao lado da bandeira do paseo.
Agora a terminoloxía peneuvarra "zipayos" e "maquetos" non sei que pinta aquí, quizáis sexa por se acaso ao señor Dans lle chaman racista por este artigo, él diría como "buen" coruñés: "Los únicus racistas te son los nacionalistas neno".
E con isto xa é bastante o tempo adicado a este persoeiro racista onde os haxa, oxalá muden todas as rúas franquistas por nomes ignos, coma podería ser o de Avenida do Deportivo, e non teñamos que ler os seus nomes fachendosos un século despois.