martes, 29 de diciembre de 2009

RCD A CORUÑA - Valencia cf.



Partido que despedia o ano e polo tanto os xogadores coa mente posta no paron nos deleitaron cun partido fiel ás datas nas que estamos.Partido moi deslucido con batalla no mediocampo pero nas areas moi pouco xogo.Na primeira parte un cabezazo de valeron ao traveseiro e pouco máis en canto a ocasións.Na segunda parte máis do mesmo, batalla no centro do campo e pouca chegada ás areas. Contabilizar un par de remates un de cabeza de Sergio e outro de Pablo Álvarez.Resultado xusto e directos ao paron a cargar as pilas para o comezo do novo ano.A bancada chea como sempre e animando ben en determinados momentos,aínda que parece que as nosas pilas tamén se teñen que recargar un pouco nestas datas.Felices festas e feliz ano a todos os deportivistas de corazón