martes, 8 de diciembre de 2009

RCD A CORUÑA - fc.Barcelona





Nova xornada na que volvemos coñecer a derrota en Riazor logo da visita do todopoderoso Barça.Dominio claro azulgrana na maior parte do partido, aínda así o Depor non se amedrentou e aguantou ata os minutos finais do partido cun 1-1 no marcador.Dous goles culés nos últimos 10 minutos acabaron coas esperanzas deportivistas.
A bancada presentou un bo aspecto como vén sendo habitual aínda que para estes partidos sempre hai máis xente do normal.Aproveitando isto e un case cheo en todo o estadio, decidímonos pola elaboración dun tifo a base de cartolinas que ocupaban todas as bancadas do estadio,menos tribuna.O resultado bastante aceptable polo que todo o esforzo e traballo duns cantos non foi en balde.Esta nova xornada serviu tamén para a publicación dun novo número do fanzine "Curva Máxika".