domingo, 13 de septiembre de 2009

RCD A CORUÑA - Málaga cf.



Primer partido ligueiro no noso estadio na presente tempada e primeiro "tostón" de partido, menos mal que un golazo do lateral Filipe nos deu á victoria, amarrando así os primeiros 3 puntiños xogados na nosa casa.Aínda que nos intres finais nos tocou sufrir (pero a esto xa estamos acostumados) o equipo deixou un bo sabor de boca,demostrando que cun pouco máis de traballo se poden facer cousas boas.
A bancada presentou un moi bo aspecto,recibindo ao equipo cun pequeno pero bonito tifo e mantendo un bó nivel de animación durante todo o partido,axudada en parte polo novo sistema de megafonía, pero sobretodo polas gañas de futbol que había na xente.A mediados da segunda parte sacamos unha pancarta mensaxe recordando a Carlos "pollo",xa que nos vindeiros días celebraráse o xuízo polo seu asesinato.O comezo de ano futbolístico servíu como motivo para a publicación dun novo número do noso fanzine "Curva Maxika".